Información - XV CROSS DE VERÁN DE BROÑA

Información - XV CROSS DE VERÁN DE BROÑA

Nome do evento: XV Cross de Verán de Broña
Lugar: zona da Praia de Broña, Outes

sábado, 14 de setembro de 2019, andainas con saída e chegada no Centro Náutico do Freixo
Hora de comezo: 18:00 (hai só 25 prazas para o paseo guiado sobre carpintería de ribeira; non ten hora estimada de remate)
Hora de remate estimada andaina longa : 22:00

domingo, 15 de setembro de 2019, carreiras de tódalas categorías
Hora de comezo: 10:00
Hora de remate: 14:00

Organiza

Club de Atletismo Outes

Web: https://sites.google.com/site/carreirabrona/

Obradoiro/competición de reanimación cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática (RCP/DESA)

A reanimación cardiopulmonar é o conxunto de maniobras máis eficaz para salvar vidas cando o corazón ten deixado de later. No espazo do piñeiral de Broña, cerca da liña de saída para as carreiras e o paseo, programaranse actividades de introducción ás manobras de reanimación para persoas sen formación en atención sanitaria. Este ano celebraremos o II Campionato de Broña de Reanimación Cardipulmonar! Despois do éxito do xogo na pasada edición, vinde xogar e competir connosco! Haberá dúas modalidades: individual e por equipos de tres persoas. Non é necesaria inscrición previa. As persoas que dinamicen o taller encargaranse de organizar equipos e series eliminatorias homoxéneas. Nunca competir nos preparou tan ben para axudar aos demáis en caso de necesidade: pon a proba a túa formación divertíndote en Broña.

Obradoiro sobre hábitos de alimentación saudable

Con sentidiño. Comer con sentidiño. Podería xeralizarse e deixalo en vivir con sentidiño! O sentidiño non é algo que se adquira por arte de maxia, nen estudando moito na escola, nen sequera asistindo a charlas sobre hábitos de vida saudable. O sentidiño é un capital social, comunitario, formado ao longo de séculos. En cada época prodúcense avances no coñecemento que cómpre engadir a ese capital. Vimos dun tempo de aceleración na millora en cáseque todo: na calidade de vida, na calidade dos alimentos, na calidade e seguridade dos medios de transporte e comunicación, das posibilidades de acceso ao deporte, ao ocio, á cultura en xeral. Nunca vivimos máis, e probablemente nunca vivimos millor. Nos cremos que podemos aportar certa dose de sentidiño á práctica de actividade física e deportiva e a todo o que a rodea: tamén o sentidiño na alimentación. Comer de todo, pouco. Non sabemos a quen citar como primeira persoa que dixo esa frase, pero semella que ten sentidiño! Nen complementos alimenticios si, nen complementos, non; nen graxas si, nen graxas, non; nen bo viño si, nen bo viño non! Equilibrar e ver cada comida, cada receta, como unha oportunidade para nutrirse disfrutando do que o medio ofrece. Neste taller non podemos dar leccións, só unhas simples ferramentas para aprender a identificar grandes erros. 

Obradoiro de dinamometría

O Colexio Profesional da Educación Física e o Deporte de Galicia (COLEF Galicia) realizará uns sinxelos test para todos os públicos, que permiten coñecer o nivel de presión manual e de costas coa axuda de dinamómetros dixitais. Informará in situ aos/ás participantes do resultado en relación aos valores de referencia e outros exemplos significativos. A dinamometría forma parte dun conxunto de probas de valoración funcional que serven para analizar a autonomía e capacidades físicas dunha persoa, e poder adaptalas á súa ocupación e exercicio físico actual.

Colaboran

  • Concello de Outes
  • Concellalía de Cultura e Deportes, Concello de Outes
  • Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
  • Asociación Terra de Outes
  • Cruz Vermella, Agrupación de Noia
  • Protección Civil de Outes
  • Universidade de Santiago de Compostela, USC
  • Grupo de investigación REMOSS, Universidade de Vigo (UVigo)
  • Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS
  • Colexio Profesional da Educación Física e o Deporte de Galicia (COLEF Galicia)
  • Asociación Deportiva e Cultural Senda XXI
  • Club de Montaña Abrakadabra
  • Galicia Saudable
  • Fundación Deporte Galego