Información  - XXIII RUTA BTT DO SALMÓN

Información - XXIII RUTA BTT DO SALMÓN

O Excmo. Concello de A Estrada coa colaboración da PEÑA CICLISTA BIKESTRADA organiza a «XXIII Ruta BTT do Salmón» ó sábado, 25 de maio de 2019.

Trátarase dunha marcha cicloturista de carácter NON competitivo cun grao de dificultade baixa e cun percorrido total de 43 kilómetros (3 dos cales serán neutralizados na saída en zona urbana)desnivel acumulado de 800 m

Por motivos loxísticos e de seguridade establécense o seguinte CONTROL DE PASO:

  • Aqueles participantes que transcurridas 3 horas dende a hora de saída (é dicir, ás 19:30 horas) non pasasen polo último avituallamento, situado no kilómetro 26 da proba, serán cortados e deberán retirarse, entregando o seu dorsal e encargándose a Organización de levalos a eles e ás súas bicicletas ata á meta.

*ADVERTENCIA: En caso de que o participante faga caso omiso do exposto, rematará a proba  baixo a súa enteira responsabilidade, sen ser controlados pola Organización e cos riscos que iso conleva.

A ruta non será cronometrada.

A organización contratou para a proba un seguro de accidentes coas seguintes coberturas:

Asistencia medica: Limitada a 600 €

Falecemento: 12.000€

Invalidez: 12.000€