O Concello de Porto do Son organiza:
¨SIN-SON 10 K¨
Domingo 17 de decembro a partir das 11:00h.
A carreira absoluta cuxa saída será ás 11:00 h disputarase sobre unha distancia de 10 km en ruta entre as localidades de PORTOSÍN e PORTO DO SON. A proba estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
A proba absoluta 10K, ten un límite de 1500 participantes.
Os participantes que se anoten antes do 1 de decembro, poderán elixir os puntos para a recollida dos dorsais nas seguintes localidades:
Santiago
A Coruña
Pontevedra
Vigo
A partir do 8 de decembro ata o 12 de decembro; poderán facer efectiva a recollida.
Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán:
- Portosín, o día 16 de decembro na Casa dá Cultura, na «FEIRA DO CORREDOR» desde as 19:30 ás 21:00 h. Recomendámosvos fagades o esforzo de usar esta opción.
- Portosín, o mesmo día da carreira en horario de 8:00h. a 10:30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto da zona de saída.
Recoméndase que, na medida do posible, fágase a recollida previamente por razóns operativas.
O traslado de participantes farase en 10 autobuses con saída de Porto do Son a partir das 8:00 h, en dirección á localidade de Portosín (lugar de saída de carreira). O último autobús sairá ás 10:20 h.
A organización establecerá os premios e obsequios:
- Trofeo para @s tres primeiro@ s clasificade@ s de todas as categorías establecidas regulamento.
- Trofeo para os tres primeiros sonenses homes e mulleres da xeral.
- CAMISETA TÉCNICA para todos os inscritos.
- Avituallamento FINAL (Sólido e líquido)
PREMIOS Á XERAL (premios en metálico)
1º Clasificado/a: Trofeo, 500€.
2º Clasificado/a: Trofeo, 400€.
3º Clasificado/a: Trofeo, 300€.
4º Clasificado/a: 200€.
5º Clasificado/a: 100€.
Tres primeiros sonenses: (requisito, estar empadroado, no Concello de Porto do Son, como mínimo, durante os últimos 365 días anteriores á carreira e marcar campo correspondente na inscrición).
1º Clasificado/a. Trofeo, 100€. en material deportivo.
2º Clasificado/a. Trofeo, 75€. en material deportivo.
3º Clasificado/a. Trofeo, 50€.en material deportivo.
Os beneficiarios dos premios en material deportivo terán ata o 31 de decembro de 2023 para facer efectiva a recollida, data a partir da cal o premio caduca.
¨ XORNADA PREVIA PROBAS ESCOLARES¨
Disputaranse, na localidade de Portosín o sábado día 16 de decembro, a partir das 17:00 h. a saída e meta estará na zona portuaria.A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Celebrase na localidade de Portosín saída e meta estará na zona portuaria.
A recollida de dorsais efectuarase dende as 15:30 h da tarde na localidade de Portosín (zona portuaria) onde estará instalada a Meta.
A proba Escolares, ten un límite de 500 participantes.
HORA |
CATEGORÍA |
ANOS |
DISTANCIA |
17:00h |
CHUPETE |
2018 E POSTERIORES |
100M |
17:15h |
PREBENXAMÍN |
2016/2017 |
300M |
17:30h |
SUB 10/BENXAMÍN |
2014/2015 |
500M |
17:45h |
SUB 12/ALEVÍN |
2012/2013 |
1.000M |
18:00h |
SUB 14/INFANTIL |
2010/2011 |
2.000M |
18:15h |
SUB 16/CADETE |
2008/2009 |
2.000M |
A organización establecerá os seguintes premios e obsequios:
- Trofeo para @s tres primeiro@ s clasificade@ s de todas as categorías establecidas.
- En categoría chupete e prebenxamín haberá medallas para todos os participantes, e non haberá trofeos (sen ánimo competitivo).
A entrega de premios terá lugar ás 19:30h.