Información  - CARREIRA SIN SON 10K 2024

Información - CARREIRA SIN SON 10K 2024

O  Concello de Porto do Son organiza:

¨SIN-SON 10 K¨

Domingo 22 de decembro a partir das 11:00h.

A carreira absoluta cuxa saída será ás 11:00 h disputarase sobre unha distancia de 10 km en ruta entre as localidades de PORTOSÍN e PORTO DO SON. A proba estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A proba absoluta 10K, ten un límite de 1500 participantes.

Os participantes que se anoten antes do 1 de decembro, poderán elixir os puntos para a recollida dos dorsais nas seguintes localidades:

Santiago

A Coruña

Pontevedra 

Vigo

A partir do 9 de decembro ata o 13 de decembro; poderán facer efectiva a recollida.


Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán:

  • Portosín, o día 21 de decembro na Casa dá Cultura, na «FEIRA DO CORREDOR» desde as 19:30 ás 21:00 h. Recomendámosvos fagades o esforzo de usar esta opción.
  • Portosín, o mesmo día da carreira en  horario de 8:00h. a 10:30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto  da zona de saída.

Recoméndase que, na medida do posible, fágase a recollida previamente por razóns operativas.

O traslado de participantes farase en 10 autobuses con saída de Porto do Son a partir das 8:00 h, en dirección á localidade de Portosín (lugar de saída de carreira). O último autobús sairá ás 10:20 h.

 

A organización establecerá os  premios e obsequios:

  • Trofeo para @s tres primeiro@ s clasificade@ s de todas as categorías establecidas  regulamento.
  • Trofeo para os tres primeiros sonenses homes e mulleres da xeral.
  • CAMISETA TÉCNICA para todos os inscritos.
  • Avituallamento FINAL (Sólido e líquido)

PREMIOS Á XERAL (premios en metálico)

1º Clasificado/a: Trofeo, 500€.

2º Clasificado/a: Trofeo, 400€.

3º Clasificado/a: Trofeo, 300€.

4º Clasificado/a: 200€.

5º Clasificado/a: 100€.

 

Tres primeiros sonenses: (requisito, estar empadroado, no  Concello de Porto do Son,  como mínimo, durante os últimos 365 días anteriores á carreira e marcar campo correspondente na inscrición).

1º Clasificado/a. Trofeo, 100€. en material deportivo.

2º Clasificado/a. Trofeo, 75€. en material deportivo.

3º Clasificado/a. Trofeo, 50€.en material deportivo.

Os beneficiarios dos premios en material deportivo terán ata o 31 de decembro de 2023 para facer efectiva a recollida, data a partir da cal o premio caduca.

 

¨ XORNADA PREVIA PROBAS ESCOLARES¨

Disputaranse, na localidade de Portosín o sábado día 21 de decembro, a partir das 17:00 h. a saída e meta estará na zona portuaria.A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Celebrase na localidade de Portosín saída e meta estará na zona portuaria.

A recollida de dorsais efectuarase dende as 15:30  h da tarde na localidade de Portosín (zona portuaria) onde estará instalada a Meta.

A proba Escolares, ten un límite de 500 participantes.

HORA

CATEGORÍA

ANOS

DISTANCIA

17:00h

CHUPETE

2018 E POSTERIORES

100M

17:15h

PREBENXAMÍN

2016/2017

300M

17:30h

SUB 10/BENXAMÍN

2014/2015

500M

17:45h

SUB 12/ALEVÍN

2012/2013

1.000M

18:00h

SUB 14/INFANTIL

2010/2011

2.000M

18:15h

SUB 16/CADETE

2008/2009

2.000M

     A organización establecerá os seguintes premios e obsequios:

  • Trofeo para  @s tres primeiro@ s clasificade@ s de todas as categorías establecidas.
  • En categoría chupete e  prebenxamín haberá medallas para todos os participantes, e non haberá trofeos (sen ánimo competitivo).

        A entrega de premios terá lugar ás 19:30h.