Información  - CRONOESCALADA SANROCKEIRA 2025

Información - CRONOESCALADA SANROCKEIRA 2025

O CONCELLO DE SAN SADURNIÑO e o CLUB MTB BIELA E CHAVETA, son os organizadores da 3ª edición a cal consta dun circuíto con percorrido ascendente de 3,200 mtrs. que discorre dentro do termo municipal de San Sadurniño na parroquía de Naraío. A proba realizarase na parroquia de Naraío no Concello de San Sadurniño. 

Localización saída

Haberá 2 Modalidades:

A) Bicicleta de estrada
B) Bicicleta BTT

A orde de saída realizarase por orde de chegada e recollida de dorsal. O primeiro participante sairá ás 18:00 horas.

O prazo de inscripción remata o 3 de Agosto.