Información  - I ANDAINA SOLIDARIA ASANOG

Información - I ANDAINA SOLIDARIA ASANOG

A “Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia”, ASANOG, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a “I Andaina Solidaria Asanog”.

A proba organízase a beneficio da Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia, que recibirá o 100% do recadado a través das inscricións.

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen distinción de idade ou sexo sempre que se inscriban axeitadamente. É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para participar na andaina.

A “I Andaina solidaria ASANOG”conta con un percorrido circular, con saída e chegada no mesmo punto. Así, é posible facer un percorrido de 4 km. e outro de 11 km. aproximadamente, en función da condición física de cada participante.

O comezo da andaina será ás 10:30 horas do sábado 6 de novembro de 2021

Se non podes participar, podes facer a túa aportación de colaboración a través do Dorsal 0.