Concello de Rois - Concellería de Deportes
Organiza: I TRAIL E ANDAINA MONTES DO OLEIRÓN
DATA: Domingo 7 de xaneiro de 2024
HORARIOS:
- Trail: Proba competitiva
Recollida de dorsais: 08.30h – 09.30h
Saída: 10.00h
Peche meta: 14.00h
Andaina: Proba non competitiva
Recollida de dorsais: 08.30h – 09.30h
Saída: 10.15h
DISTANCIAS E DESNIVEL POSITIVO:
Trail: 21,560m 1000D+
Andaina: 10.000m 350 D+
SAÍDA E META:
Pavillón Polideportivo dos Dices-Rois
Servizo de duchas e vestiarios
TEMPOS DE CORTE:
Trail:
Km 11: 2º avituallamento en Abelendo: 12.30h
Chegada: 14.00h
Andaina:
Non hai tempos de corte
CATEGORÍAS E PREMIOS:
Trail:
Clasificación Xeral: 1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes da clasificación xeral
Absoluta: masculino e feminina (ata 39 anos cumpridos o día da proba) 1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes dese grupo de idade
Veterán A: masculino e feminina (40 a 49 anos cumpridos o día da proba) 1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes dese grupo de idade
Veterán B: masculino e feminina (máis de 50 anos cumpridos o día da proba) 1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes dese grupo de idade
Equipos: Todos os membros deberán estar inscritos/as co mesmo nome de equipo. Os equipos estarán formados/as por 4 corredores, corredoras ou equipo mixto. A puntuación será outorgada por rigoroso orde de chegada, e gañará o equipo con menor puntuación. 1º , 2º e 3º equipos con menor puntuación segundo a orde de chegada
1º clasificado local: deberá estar empadroado no Concello de Rois
1ª clasificada local: deberá estar empadroada no Concello de Rois
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS
Andaina: proba non competitiva non haberá premios
Todas as persoas inscritas (trail e andaina) recibirán un agasallo no momento de recoller o dorsal.