“5 KM POLA IGUALDADE”
II ANDAINA POPULAR
O Concello de O Pino organizará o sábado 28 de novembro a partir das 16:00 horas da tarde, na Área Recreativa de A Magdalena, a II Andaina Popular “5 KM POLA IGUALDADE”.
Esta proba entro dentro da laboura e compromiso social do Concello de O Pino na loita pola igualdadee prevención da violencia de xénero a través da práctica do exercício físico saudable. A proba rexirase polo seguinte Regulamento.
ARTIGO 1. PARTICIPANTES
Debido a normativa covid-19 actual deberán respectarse os peches perimetrais existentes no día da proba para desprazarse a esta andaina.
A idade mínima para poder participar nesta andaina será de 5 anos cumpridas o día da proba.Todas/os as/os menores de 16 anos terán que ir obrigatoriamente acompañadas/os dun adulto.
ARTIGO 2. HORARIOS ELUGAR DE SAÍDA DA ANDAINA
A saída e meta da andainas estará situada na Área Recreativa de A Magdalena, a carón da Ermida da Magdalena.
Ubicación googlemaps https://goo.gl/maps/XU7MwLXKLCx6fXDX8
HORARIOS
HORA |
LUGAR |
CATEGORIA |
16:00 h |
Área Recreativa de A Magdalena |
COMENZO DA ANDAINA (NON COMPETITIVA) |
Establecerase un horario previo de saidas o cal será publicado previamente nas webs www.opino.gal e www.emesports.es .
As/os conviventes poderán realizar a Andaina xuntos cun máximo de 6 compoñentes.
As/os non conviventes sairán de 2 en 2 cada 20 segundos. Deberán manter en todo momento a distancia de seguridade de 2 metros mínimo e levar a mascarilla posta.
ARTIGO 3. INSCRICIÓNS E PRAZO
As inscricións poderán realizarse a través dos seguintes médios:
A través da páxina web www.emesports.es cos seguintes prazos;
A través do email deportes@opino.gal reflexando os seguintes datos OBRIGATORIOS:
− Nome e Apelidos, data de nacemento, dni (se o/a ten), sexo, localidade de procedencia e se é ou non convivente. Os conviventes deberán remitir no mesmo email a relación de conviventes.
A través do teléfono 981 511 002 (pulsar 5 no teléfono (extensión de servicios sociais). Deberán dar os anteriores datos.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
CATEGORÍA |
PROBA |
PREZO |
PRAZO |
ADULTOS/ESCOLARES |
ANDAINA |
GRATUITO |
Ate o 27 de novembro ás 14.00 horas |
ARTIGO 4.PERCORRIDO
O percorrido seguirá unha ruta de 5 km aproximadamente nos arredores da Área Recreativa de A Magdalena.
PLANO DO PERCORRIDO
ARTIGO 5.AGASALLOS
Todas/os os/as participantes recibirán un agasallo pola sua participación na II ANDAINA POPULAR “5 KM POLA IGUALDADE”.
ARTIGO 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Realizarase na zona de saída / meta desde ás 15:15 horas e ata 20’ antes da saída do derradeiro participante.
ARTIGO7. FORMULARIO DE RESPONSABILIDADE.
Todas/os as/os participantes deberán presentar o día da proba o documento de responsabilidade asinado presente nas webs www.emesports.es e www.opino.gal .