A “Asociación de trastornos do espectro autista do Barbanza”, BarbanTEA, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a “II Andaina Solidaria en favor da asociación de trastornos do espectro autista do BarbanTEA”,
DATA: domingo 6 de abril de 2025.
HORA: 10:00
A proba organízase a beneficio de BarbanTEA, que recibirá o 100% do recadado a través das inscricións.
As persoas participantes menores de idade deberán cumprimentar unha autorización paterna, materna ou do/a titor/a legal para poder participar
Saída e chegada
Praza Virxe de Guadalupe
O percorrido discorrerá na contorna do paseo marítimo e senda litoral de Taragoña.
Prazo de inscrición
En liña ata o xoves 3 de abril de 2025 ás 23:59 h.
emesports.es
Presencial ata o día do evento
Servizo de Deportes. Edif. Cuartel Vello. Praza Castelao, 9. 15920 Rianxo.
Na Praza Virxe de Guadalupe ata 15 minutos antes do inicio da proba.
Prezo
Andaina: establécese o prezo en función das idades dos participantes:
• 0 a 3 anos: gratuíto.
• 3 a 99 anos: 5 €.
É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal ou pulseira para participar na andaina.
Fila Cero
Doazón da cantidade desexada a través da pasarela de pago ata o xoves 3 de abril de 2024 ás 23:59 h., ou na Praza Castelao o día de celebración do evento. Límite de prazas: haberá un límite de 500 inscricións.