Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, SOGAPS, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a “II Andaina Solidaria a beneficio de SOGAPS”.
A proba organízase a beneficio da SOGAPS, que recibirá o 100% do recadado a través das inscricións.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen distinción de idade ou sexo sempre que se inscriban axeitadamente. As persoas participantes menores de idade
deberán cumprimentar unha autorización paterna, materna ou do/a titor/a legal para poder participar. Esta autorización deberá presentarse no momento da recollida do dorsal. No caso de non presentar dita autorización, non será posible a participación na proba, non sendo reembolsable o importe da mesma.
A “II Andaina solidaria a beneficio de SOGAPS” conta con un percorrido circular, con saída e chegada no mesmo punto. Así, é posible facer un percorrido de 5 km. e outro de 11 km. aproximadamente, en función da condición física de cada participante.
O comezo da andaina será ás 10:00 horas do sábado 5 de agosto de 2023
Se non podes participar, podes facer a túa aportación de colaboración a través do Dorsal 0.