O Concello de Ames organizará o domingo 23 de febrero de 2020 o II Trail e Andaina Ribeiras do Tambre. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
Os participantes tanto na ANDAINA como no TRAIL serán trasladados en autobús desde o Real Aeroclub de Santiago (instalacións en Ameixenda (Concello de Ames) ate o punto de SAÍDA en Ponte Maceira a partir das 08:30 horas.
Os dorsais tanto para a Andaina como para o Trail poderán recollerse a partir das 8.30 horas nas instalacións do Real Aeroclub – Ames.
Artigo 7. TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL E ANDAINA
Tanto na Andaina coma no Trail, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Real Aeroclub en Ameixenda ao punto de saída das probas (Ponte Maceira) do seguinte xeito:
PROBA |
HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES |
LUGAR DE SAÍDA DOS AUTOBUSES e DIRECCIÓN |
ANDAINA |
A partir das 08.30 horas |
Saída dos autobuses das instalación do Real Aeroclub en Ameixenda – Ames en dirección a Ponte Maceira |
TRAIL |
A partir das 08.30 horas |
PREMIOS e AGASALLOS
Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos:
- Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente reglamento.
- Premios aos/as 3 primeiros/as locais empadroados no Concello de Ames.
- Premio a aos/as 3 primeiros/as socios/as do Real Aeroclub de Santiago.
- Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail.
- AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).
__________________________________________________________________________________
A entrega de premios realizarase a partir das 12:30 horas nas instalacións do Real Aeroclub – Ames.
PREMIOS ECONÓMICOS PARA EQUIPOS
EQUIPOS |
EQUIPOS MIXTOS |
IMPORTE PREMIO |
TRAIL |
1º EQUIPO CLASIFICADO |
150,00 € |
2º EQUIPO CLASIFICADO |
125,00 € |
|
3º EQUIPO CLASIFICADO |
100,00 € |
|
4º EQUIPO CLASIFICADO |
75,00 € |
|
5º EQUIPO CLASIFICADO |
50,00 € |
- PREMIOS ESPECIAIS A EQUIPOS: Darase trofeo aos 3 primeiros equipos tanto federados como populares (deberán inscribirse coa mesma denominación e igual indumentaria) e premio en metálico aos 5 primeiros equipos da clasificación do Trail.
Para elo tomarase como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma dos seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do equipo. Os equipos poderán ser mixtos.
Artigo 8. TRACK DAS RUTAS:
- TRAIL: https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/trail-ribeiras-do-tambre-33534879
- ANDAINA: A ANDAINA SERÁ GUIADA
Artigo 9. SERVIZO DE DUCHAS e UBICACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO REAL AEROCLUB
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas nas instalación do Real Aeroclub. Aquí tendes o Link coa ubicación do lugar de recollida de dorsais e saída dos autobuses. Tamén será o lugar de meta das probas (Ameixenda, San Mamede de Piñeiro, Ames):