A “Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia”, ASANOG, coa colaboración do
Concello de Rianxo, organiza a “III Andaina Solidaria Asanog”, o xoves 12 de outubro
de 2023.
A proba organízase a beneficio da Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de
Galicia, que recibirá o 100% do recadado a través das inscricións.Prezo
Andaina:
- 10 € para todas as persoas maiores de idade e
- 5 € para as persoas menores de idade.
- Fila Cero
Doazón da cantidade desexada a través da pasarela de pago ata o martes 11 de outubro de 2023 ás 23:59 h., ou na Praza Castelao o día de celebración do evento - É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para participar na andaina.
Retirada de dorsais
Na Praza de Castelao o mesmo día da proba, a partir das 9:00 e ata o inicio da mesma.
Agasallos
Camiseta conmemorativa para todas as participantes na andaina (ata fin de existencias).
Aparcadoiros
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e nas inmediacións da zona portuaria.
Avituallamento
No intre de retirar o dorsal farase entrega dunha bolsa ao participante con auga e unha peza de froita ou similar