Información  - III CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLO PÁRKINSON

Información - III CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLO PÁRKINSON

A Asociación Parkinson Galicia Coruña organiza, en colaboración co Concello de Culleredo e coa Asociación Castelo Deporte, unha carreira e andaina prevista para o domingo, 27 de outubro de 2019.

O 100% DOS BENEFICIOS IRÁN DESTINADOS A ASOCIACIÓN DE PÁRKINSON GALICIA - CORUÑA

A proba celebrarase o domingo, 27 de outubro, no Paseo Marítimo da Ría do Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das pistas polideportivas.

Establécense unha categoría única para a carreira, que se desenvolverá de xeito paralelo a unha andaina popular nun circuíto anexo.

Os menores de idade deberán cumplimentar esta autorización paterna, materna ou do/a titor/a legal para poder participar en calquera das distancias. Esta deberá ser presentada no momento da recollida do dorsal. No caso de non presentar dita autorización, non será posible a participación do/a menor na proba, non sendo reembolsable o importe da mesma en ningún dos casos.

Os chips de cronometraxe entregaranse aos participantes xunto co dorsal, e se poderán recoller en Decathlon Oleiros do 24 ao 26 de outubro, en horario comercial. Tamén se poderán recoller o propio día do evento de 9:00h a 10:00h.

Servizo de duchas situado no CEIP RÍA DO BURGO, con dirección Rúa María Cagiao, 8 Culleredo – A Coruña.