Información  - VII MARCHA BBT/ANDAINA CONCELLO DE RIANXO

Información - VII MARCHA BBT/ANDAINA CONCELLO DE RIANXO

A Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a VII Marcha BTT Concello de Rianxo e simultaneamente unha andaina que se celebrará o día domingo, 10 de febreiro de 2019 con saída e chegada no recheo do porto a escasos metros do concello.

A saída darase as 09:00 horas.

A rota encadrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina sendo un exercicio físico con fines de ocio, turístico ou cultural, excluíndo expresamente a competición. O participante, co súa inscrición, manifesta encontrarse físicamente apto para a actividade.

  • BTT Curta: 32 km.
  • BTT Media: 50 km.
  • BTT Longa: 72 km.
  • Andaina: 20 km.

 

Este evento se celebra gracias a:

Concello de Rianxo
Concello de Rianxo