Información  - SANTYAGO10K_2019   CONTRA O CANCRO DE PÁNCREAS

Información - SANTYAGO10K_2019 CONTRA O CANCRO DE PÁNCREAS

O Club Atletismo Fontes do Sar e o Departamento Municipal de Deportes do Concello de Santiago coorganizan, coa colaboración especial do Multiusos Fontes do Sar - Complexo Deportivo Santa Isabel, e o control técnico do comité galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo: 5ª carreira nocturna SANTYAGO10K sobre unha distancia homologada de 10km en ruta, que se levará a cabo o vindeiro sábado 4 de maio de 2019 e que dará comezo ás 22:00 horas.

O circuíto foi medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e discorrerá polo casco urbano da cidade de Santiago de Compostela.

Establécese un límite de 2.500 participantes. Unha vez alcanzado o límite, contabilizando só as inscricións con pago confirmado, pecharase a posibilidade de inscrición.

Repartiranse os seguintes premios en metálico:
Categoría masculina:
1ª posición absoluta : 500 €
2ª posición absoluta : 300 €
3ª posición absoluta : 200 €

Categoría feminina:
1ª posición absoluta : 500 €
2ª posición absoluta : 300 €
3ª posición absoluta : 200 €

Premio especial Empadroados en Santiago de Compostela, masculino e feminino:
1º 100€
2º 75€
3º 50€

Tamén obterán trofeo ós tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada categoría.