Información  - I TRAIL NOCTURNO DE LOUSAME

Información - I TRAIL NOCTURNO DE LOUSAME

O Club Lousame Deporte ca colaboración do Concello de Lousame, organizan o I TRAIL NOCTURNO DE LOUSAME «FERVENZAS DE TOXOSOUTOS», que se celebrará o sábado, 29 de xuño, con saída e chegada, no entorno do Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos (San Xusto). A saída será ás 22:30 h.

Este evento nace co propósito de dar a coñecer a historia, patrimonio e beleza da natureza do concello de Lousame, a través do deporte e promover a actividade física entre a poboación.

DATOS TÉCNICOS
A proba consta dun percorrido de 14 kms aprox., de dificultade media. O tipo de terreo polo que discorre é variado, con algunha zona técnica, zonas rápidas,
e cunha dificultade media. Desnivel positivo 562 m, desnivel negativo 556 m, desnivel acumulado 1118 mts.

REQUISITOS

  • Ser maior de idade no día da proba
    • Coñecer e aceptar o regulamento do evento. O descoñecemento do
      mesmo, non exime do seu cumprimento.
  • Posuír unha mínima condición física
  • Dispoñer do material mínimo que esixe esta disciplina (zapatillas adecuadas)
  • Obrigatorio levar luz frontal, con batería suficiente para completar o percorrido
  • Obrigatorio levar teléfono móbil ó longo da carreira
  • É aconsellable que cada corredor/a leve o seu propio recipiente para líquidos, xa que nos avituallamentos non haberá vasos de plástico
  • Realizar correctamente tódolos pasos e requisitos para a i nscrición

Antes da saída farase control do material obrigatorio, no caso de non cumprir cas condicións esixidas, o/a corredor/a non poderá participar.