O Concello de Boborás organizará o sábado 2 de novembro de 2019 o Trail Nocturno de Boborás. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
- DISTANCIAS: 16,10 km aprox.
- DESNIVEL POSITIVO: 735 m aprox.
- DESNIVEL ACUMULADO: 1115 m aprox.
Os dorsais poderán recollerse a partir das 16:30 horas no polideportivo municipal de Boborás (pista polideportiva (no caso de choiva no interior do polideportivo municipal).
Os participantes serán trasladados desde o polideportivo municipal de Boborás (lugar de meta) ata as inmediacións da Ponte da Cruz
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
- Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente reglamento.
- Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail.
- AGASALLO TÉCNICO pola participación no Trail; poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses.
PREMIOS ECONÓMICOS PARA EQUIPOS
EQUIPOS MIXTOS |
IMPORTE PREMIO |
1º EQUIPO CLASIFICADO |
125,00 € |
2º EQUIPO CLASIFICADO |
100,00 € |
3º EQUIPO CLASIFICADO |
75,00 € |
4º EQUIPO CLASIFICADO |
60,00 € |
PREMIOS ESPECIAIS A EQUIPOS / CLUBES: Darase trofeo aos 3 primeiros equipos tanto federados como populares (deberán inscribirse coa mesma denominación e igual indumentaria) e premio en metálico aos 4 primeiros clubes da clasificación do Trail.
Para elo tomarase como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma dos seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do equipo. Os equipos poderán ser mixtos.