Información - VII CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO MORAÑA

Información - VII CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO MORAÑA

O Concello de Moraña, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza a VII  Carreira Carneiro ó Espeto 2019, que terá lugar o domingo 21 de xullo a partir das 10:30 horas, estando situadas a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).

A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.

O percorrido será un circuíto homologado semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10 km. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría.

O circuíto será  o seguinte: Rúa 5, Mos, Rúa 1, Rúa 12, Rúa Dr. Batallán, Rúa 3, Buelo, Rúa 7, Rúa 6, Rúa 5.

Ás 10:30 será a primeira carreira.

A entrega de premios será a partir das 13:30 h.         

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da absoluta. Haberá trofeo para o corredor e corredora de máis idade, e camisetas técnicas e avituallamento para os participantes na liña de chegada.

Haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados de cada unha das seguintes categorías:

 

CAT.

 

ABSO

M/F

SUB 23

M/F

SENIOR

M/F

M. A

M/F

M. B

M/F

M. C

M/F

 

M. D

M/F

 

M. E

MASC

 

M. F

MASC

 

200€

30€

30€

30€

30€

30€

30€

30€

30€

100€

20€

20€

20€

20€

20€

20€

20€

20€

75 €

10 €

10 €

10 €

10 €

10 €

10 €

10 €

10 €

Estos premios non son acumulativos: Só se entregará o de maior cuantía. Para recollelo, terá que presentarse o interesado/a provisto de DNI.

Teremos un premio especial de 100 euros para os atletas, masculino e feminino, que establezan un novo record:

  • Masculino: 30:33
  • Feminino: 35:56

En masculino, ó non batirse o récord o pasado ano, acumúlanse os premios, polo que este ano será de 200 euros.

Haberá un premio de 300 euros para o clube con máis participantes, que rematen a carreira de 10 Km. Mínimo 18 atletas.

Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais, xa que é unha carreira solidaria.

A Organización da carreira servirá pinchos variados para todos os atletas participantes a partir das 12:30 h