Información - ANDAINA NOCTURNA «POSTA DE SOL NO MONTE CULOU»

Información - ANDAINA NOCTURNA «POSTA DE SOL NO MONTE CULOU»

A empresa xestora de eventos GALICIA ES+ , en apoio ó evento deportivo I TRAIL NOCTURNO DE LOUSAME “FERVENZAS DE TOXOSOUTOS”, organiza unha actividade paralela para acompañantes dos/das participantes, así coma para quen o desexe. 

Consta dunha ANDAINA “ SENDEIRO Ó SOL EN LOUSAME”, na cal os/as participantes realizarán unha andaina de 6 kms (ida e volta ) aproximadamente para poder presenciar a posta de sol dende o Monte Culou, e donde a guía explicará as costumes ancestrais dos atardeceres en Galicia.

No traxecto de volta poderán presenciar os/as corredores/as no paso do kilómetro 1´5 .

A saída será ás 21:00 h. dende o Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos.

A actividade e totalmente GRATUÍTA, e quen o desexe, pode quedarse a cear por 6€. (Cea ofrecida por Kairos, xestora do Albergue de Toxosoutos ). 

Os/as interesados/as en cear deberán recoller un ticket na zona de dorsais.

  • REQUISITOS
    • Ser maior de idade no día da proba
    • Levar un calzado e roupa cómoda.