O Concello de Frades celebra:
IX Carreira Pedestre Popular
mércores 1 de Maio de 2024 na localidade de Ponte Carreira (estrada Ordes-Ponte Carreira DP-3802).
A SAÍDA E A CHEGADA ESTARÁ SITUADA NA PRAZA PÚBLICA DE PONTE CARREIRA.
PREZOS DA INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES (sub 6, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, sub 16 e sub 18) : GRATUITA
- ADULTOS (De sub 20 ata master): 5,00 €
INSCRICIÓN POR CLUBES FEDERADO
*Os equipos, clubes, centros… que desexen optar ós premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada atleta na web www.emesports.es e remitir un correo electrónico á dirección de correo santiago@atletismo.gal cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba, indicando o nome e apelidos do atleta e o número de licencia.
SEN ESTE CORREO ELECTRONICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías Sub 20, sub 23, senior e master.
SE ALGÚN ATLETA DA CATEGORÍA SUB 18, DESEXA PARTICIPAR NA PROBA ABSOLUTA DEBERÁ NOTIFICALO NO EMAIL
santiago@atletismo.gal NO PRAZO DE INSCRICIÓN.
Admitiránse inscricións ata o domingo 28 de abril as 23.59.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Realizaránse o día da proba na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba.
SERVICIO DE VESTIARIO E DUCHAS:
Pavillón Municipal ao carón do CPI de Ponte Carreira (a 700 metros da saída) PAVILLON CPI PONTE CARREIRA
Tamén haberá baños/servicios ao carón da saída/meta.
SERVIZOS:
- Fisioterapia
- Quiromasaxe
- Roupeiro
- Servizo Médico
- Inchables para os máis pequenos.
PREMIOS ESPECIAS DA CARREIRA POPULAR
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), tamén para as categorías sub 6 e sub 8.
- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (sub 20, sub 23, senior e máster).
- Trofeos para os 3 primeiros clasificados/as empadroados no Concello na proba absoluta.
- Trofeos para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.
- Medallas singulares para tódolos participantes escolares (de sub 6 a sub-18).
- Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes os atletas locais.
- Entrega de camiseta técnica para tódolos participantes e bolsa de corredor.
AO REMATE DA PROBA HABERÁ FROITA E BEBIDA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 250 €
2º Clasificado/a: 150 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €
PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masc/fem: 150 €
2º Clube federado masc/fem: 100 €
3º Clube federado masc/fem: 50 €
VALE DE MATERIAL DEPORTIVO,
só para a categoría escolar para o clube que máis participantes aporte á proba (obrigado que sexan federad@s).
1º- 100 €
2º- 50 €
3º- 30 €
Para calquer información adicional poderán chamar ao teléfono 600 852 222 (Lino).