Información  - SAN SILVESTRE  E SAN SILVEIRA ESTRADENSE 2025

Información - SAN SILVESTRE E SAN SILVEIRA ESTRADENSE 2025

Concello da Estrada organizará o vindeiro MÉRCORES 31 de Decembro de 2025.

Subida #BTT ó Monte Cabalar

Hora: a partir das 9:00h,

retirada de dorsais.Lugar: A Estrada (Pontevedra)

Saída e meta: Praza do Concello

Distancia: 20 KmDesnivel: 370+Hora saída: 9:30h

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS
Dificultade media.
Uso obrigatorio do casco.
Inscrición obrigatoria e de balde.
Idade mínima para participar: 10 anos (os menores de 18 anos deberán ir acompañados dun adulto durante a ruta).
Retirada de dorsais a cambio dun quilo de comida non perecedeira que se destinará a Cáritas Parroquial A Estrada, dentro da Operación quilo de Nadal 2025.
Avituallamento no alto do Monte Cabalar: chocolate con churros

 

SAN SILVESTRE

Hora: a partir das 16:00h,

retirada de dorsais.

Lugar: Praza do Concello.

Distancia: de 100m a 1.609 m. aprox

 

 

CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIOS APROXIMADOS


Pitufos (nados no 2020 e posteriores)- 100 metros – 17:00h

Prebenxamín ata Infantil (nados entre os anos 2019 e 2012)- ½ milla (800 m aprox) – 17:15h

Cadetes ata Veterans (nados nos anos 2011 e anteriores)- 1 milla (1600 m aprox) – 17:30h

OUTRAS CONSIDERACIÓNS


 Retirada de dorsais nos soportais do Concello, a cambio dun quilo de comida non perecedeira que
se destinará a Cáritas Parroquial A Estrada, dentro da Operación quilo de Nadal 2025.
 A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo.
 Calquer/a participante, no caso de ser agraciado con dous ou máis agasallos, únicamente poderá
recoller o primeiro deles, volvéndose a sortear os restantes.

PREMIOS E AGASALLOS
Trofeo o disfraz máis orixinal e trofeo o grupo máis numeroso do mesmo disfraz.
Camiseta conmemorativa da proba ata esgotar existencias.
O rematar todas as carreiras das distintas categorías, todos os participantes serán obsequiados ca degustación de chocolate quente e produtos de repostería nos soportais do Concello.
O rematar todas as carreiras das distintas categorías, realizarase o sorteo dos agasallos segundo o número de dorsal. Para participar nos sorteos dos agasallos é obrigatorio levar o dorsal ben visible.