PREMIACIÓN DA CARREIRA - CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2019   CONCELLO DE TEO

PREMIACIÓN DA CARREIRA - CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2019 CONCELLO DE TEO

TROFEOS PARA OS/AS CORREDORES/AS:
Haberá trofeo para:
› Os/as 3 primeiros/as clasificados/as en todas as categorías establecidas (homes e mulleres).
› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da proba absoluta.
› O/A participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
› O primeiro equipo federado masculino e feminino clasificado na clasificación final.
› O centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes que logren concluír a proba (deberá indicarse o centro educativo na inscrición).
› O/A primeiro/a clasificado/a empadroado/a en Teo en cada categoría, homes e mulleres, (deberá indicarse se está empadroado/a ou non no concello de Teo na inscrición), o/a participante que non o especificara correctamente na inscrición non poderá reclamar o trofeo.

Os trofeos non serán acumulativos, excepto os trofeos ás e ós atletas locais.

A clasificación por clubs da proba absoluta será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente (imprescindible facer a inscrición como club). Haberá equipos masculinos e femininos nesta clasificación.
Para optar ó premio ó mellor club federado da proba absoluta deberán anotarse os/as atletas individualmente e remitir un correo á dirección santiago@atletismo.gal indicando os datos do club e a listaxe dos/as atletas inscritos.

Para o premio ó centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes ás probas, deberán realizar a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente e remitindo un correo electrónico á dirección santiago@atletismo.ga