PREMIOS  - III GRAN PREMIO TRIATLON POBRA DO CARAMIÑAL 2019

PREMIOS - III GRAN PREMIO TRIATLON POBRA DO CARAMIÑAL 2019

Premios e trofeos.

Entregaranse trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina.
A entrega de trofeos realizarase aproximadamente 30 minutos despois de facer a entrada en meta o derradeiro clasificado.

Premios en metálico

Categoría individual absoluta

Promoción ás Promesas galegas - 500,00 €

O premio Promoción ás Promesas galegas, consiste en 500,00€ coa finaldidade de premiar e impulsar ás xovenes promesas Galegas para que poidan invertir no seu futuro e poidan pagarse o desprazamento a algunha proba intenacional. Este premio pode ser acumulativo cos premios económicos da categoría individual absoluta.

Para optar a este premio @s deportistas teñen que:

  • Pertencer á Categoría SUB 23
  • Ser nados en Galicia (acreditando con DNI. No formulario de inscrición poderase indicar que se opta a este premio)
  • Ter residido en Galicia na súa etapa de formación deportiva (período comprendido entre os 8 e os 17 anos) durante 4 anos consecutivos ou 6 alternos.

Coa aceptación do premio económico a/o deportista comprométese á participación e pulicación nas suas redes sociais, que gracias ó Premio obtido no “G.P. Triatlon Pobra do Caramiñal” poderá viaxar e competir nunha proba ETU ou ITU do ano 2019 ou 2020.

No caso de que @ deportistas 1ª clasificados non poidan xustificar a súa particpación nunha proba ETU ou ITU o premio á promoción ás promesas galegas quedará deserto.

Clasificación por clubes

Os criterios de clasificación por clubes son os seguintes:

  • 10 deportistas dun mismo clube (de ambos sexos e sempre cun mínimo de 3 deportistas na categoría feminina) deberán rematar a proba para poder entrar na clasificación por clubes.
  • Cada deportista puntuará para o seu clube según a posición acadada na clasificación xeral da proba.
  • As posicións de tódolos integrantes do Clube sumaranse e o clube primeiro clasificado será aquel que consiga unha puntuación menor.

O premio económico entregarase en metálico durante a entrega de trofeos no podium previa firma de recibí e aceptación das condicións arriba mencionadas por parte d@ deportista.

Ós premios aplicaraselles a retención fiscal correspondiente (legalmente establecida) no momento da celebración da proba.


Coa aceptación do premio económico os clubes comprométense á publicación nas suas redes sociais, que o “G.P. Triatlon Pobra do Caramiñal” invirte todo o recaudado en inscricións e patrocinios nos clubes e nos deportistas para que estes sexan os beneficiados dos eventos.