O Concello da Pobra do Caramiñal e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, organizan a V SUBIDA Á CUROTA, nas modalidades de Atletismo e Ciclismo (BTT e bicis de carretera), o día 5 de outubro de 2019.
Poderán participar deportistas federados e non federados, na carreira a pé e nas de ciclismo .
SAÍDAS
Praza Maior - Pobra do Caramiñal
- 17.00h.: BTT (cada minuto un participante)
- 18.15h.: saída a pé de 10 en 10 cada 20 segundos
- 18:30h.: bicis de carretera (cada minuto un participante)
META
- Bicis: estanque do Alto da Curotiña.
DISTANCIA : 9 km.
As saídas das carreiras en bicis será individual en intervalos de 1 minuto ou 30’’ según sexa a inscrición, a orde de saída será por orde de inscrición.
A carreira a pé farase de maneira conxunta (de 10 en 10 cada 20 segundos) para todas as categorías e participantes.
TROFEOS E AGASALLOS
Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as por categorías e modalidades (masc. e fem.)
Agasallos ós/ás cinco primeiros clasificados/as por modalidade: BTT, BICI DE CARRETERA E CARREIRA A PÉ, homes e mulleres.
PREMIOS ECONÓMICOS
CARREIRA A PÉ
HOMES MULLERES
1º) 150 € 1ª) 150 €
2º) 100 € 2ª) 100 €
3º) 75 € 3ª) 75 €
BICICLETA CARRETERA
HOMES MULLERES
1º) 150 € 1ª) 150 €
2º) 100 € 2ª) 100 €
3º) 75 € 3ª) 75 €
BICICLETA MONTAÑA
HOMES MULLERES
1º) 150 € 1ª) 150 €
2º) 100 € 2ª) 100 €
3º) 75 € 3ª) 75 €
Os/as participantes nas probas de bicis poden ter acompañamento, sen que esto supoña molestias ó resto dos/as participantes a pé ou en bici.
Recollida de dorsais na Praza Maior, ata media hora antes do comezo de cada unha das probas.
A entrega de trofeos farase no lugar da saída (Praza Maior).
A organización porá autobuses para o traslado dos deportistas dende a meta ó lugar de saída.
Os/as participantes terán á súa disposición bolsas para gardarroupa a cal se recollerá co dorsal e rotulará o seu número (pódense gardar non autobuses).
A saída dos autobuses para o Alto da Curotiña será quince minutos antes da saída da primeira carreira e o retorno será cando o/a último participante chegue á meta.
Disporase dun camión cisterna no lugar da meta para poder asearse, así como tamén poderán facer uso das duchas no Edificio de Usos Náuticos (a 100 m. do lugar da saída)
A proba discorrerá por o carril dereito da estrada ata o cruce de Moldes.
Os/as acompañantes que o desexen poderán subir ó lugar da meta antes das 17.00h., a partir desa hora non se permitirá a circulación.
Ver percorrido en wikiloc: Cronoescalada á Curota
Información : departamento de Deportes do Concello da Pobra, Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” . Horario: de 9:30h. a 14:30hTelf.: 981832590 /981831545 .Telf. móbil (Pepe Moure): 619229946
ORGANIZA: CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL E A ASOCIACIÓN DE ATLETISMO E DEPORTES DO BARBANZA
COLABORA: CENTRO SPORT/DEPORTES MANIOTAS, MOTOCLUB SIN FRENOS, TRANSPORTES AUTOS BARBANTIA, PUBLICOLOR E SPORT BIKE