Nocturna do Xalo é unha actividade deportiva organizada pola Asociación Castelo Deporte consistente nunha carreira e unha andaina polo Monte Xalo, das distancias que se describen no presente regulamento
a celebrar na tarde do sábado 23 de novembro de 2024 no monte comunal de Castelo, no Monte Xalo, con saída e meta na polideportiva de Castelo, no lugar de Folgueira.
Trátase dunha carreira e dunha andaina polo Monte Xalo de:
Carreira ( maiores de idade ) 12 quilómetros máximo 150 participantes.
Andaina ( todas as idades ) 8 quilómetros máximo 300 participantes.