Información - VII CIRCUITO “CORRE A ESTRADA CORRE

Información - VII CIRCUITO “CORRE A ESTRADA CORRE

Neste ano 2019 celebrarase a VII edición do Circuito de Carreiras Populares Concello da Estrada “CORRE A ESTRADA CORRE”, que agrupa dun xeito organizado duas das catro carreiras populares que se celebran o longo deste ano 2019 no noso concello. Nesta VII edición, as probas a celebrar e puntuables para o Circuito son: a VIII Nocturna Estradense e o IX Memorial Manuel Bergueiro.

  • VIII Nocturna Estradense. Sábado 22 de Xuño 2019. (8.000 metros). Carreira que se celebra nun circuito urbán, de noite e na semana das Festas Patronais de San Paio. Todas as categorías.
  •  IX Memorial Manuel Bergueiro. Domingo día 13 de Outubro de 2019. (10.000 metros). Carreira que se celebra nun circuito urbán, con saída e meta na praza do concello. Todas as categorías.

A organización do VII Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, pode variar as datas de celebración das probas por motivos técnicos e, excepcionalmente poderanse suspender

Poderán participar todos aqueles corredorres que así o desexen e para poder optar a algún dos premios, será condición indispensable ter rematado as duas carreiras. O VII Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” contará cas seguintes clasificacións: xeral masculina, xeral feminina, xuvenil masculina, xuvenil feminina, cadete masculina, cadete feminina e por equipos.

Unha vez comezado o VII Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, non se poderán realizar cambios nos equipos, tendo o atleta que rematar o circuito co equipo elexido na sua inscrición o mesmo.

A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, probas convocadas ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes ca suficiente antelación.

Mais información ou calquera dúbida relacionada coa organización do VII Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” poderán dirixirse os teléfonos 986 570 030, na páxina web www.aestrada.gal, www.carreirasgalegas.com ou no correo electrónico deportes@aestrada.es