PREMIACIÓN  - VIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES

PREMIACIÓN - VIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES

PREMIOS EN METÁLICO

(Só para a Carreira Absoluta: (DE SUB 20 A MASTER).

PREMIOS INDIVIDUAIS

1º Clasificado/a:     250 €

2º Clasificado/a:     150 €

3º Clasificado/a:     100 €

4º Clasificado/a:       75 €

5º Clasificado/a:       50 €

PREMIOS POR CLUBES                                    

1º Clube federado masc/fem:    150 €             

2º Clube federado masc/fem:    100 €             

3º Clube federado masc/fem:      50 €             

VALE DE MATERIAL DEPORTIVO, só para a categoría escolar para o clube que mais participantes aporte, (obrigado que sexan federad@s).
1º-100 €
2º-50€
3º-30€

A clasificación por clubes será establecida a través dos 8 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 8º componente.Os equipos poderán ser masculinos ou femeninos (non mixtos) .

SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Gallega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

O premios serán aboados por transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

PREMIOS ESPECIAS DA CARREIRA POPULAR

  • Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), tamén para as categorías sub 6 e sub 8.
  • Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (sub 20-junior, sub 23- promesa, senior e máster).
  • Trofeos para os 3 primeiros clasificados/as empadroados no Concello.
  • Trofeos para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.
  • Medallas para tódolos participantes escolares (de sub 6-pitufo a sub-18).
  • Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes os atletas locais.
  • Entrega de camisetas técnicas para tódolos participantes e bolsa corredores.