A Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a VIII Marcha BTT Concello de Rianxo e simultaneamente a IV Andaina da Marcha BTT, que se celebrarán o día domingo, 9 de febreiro de 2020 con saída e chegada no recheo do porto de Rianxo.
A saída darase ás 09:00 h. A hora de remate de cada proba virá marcada polo percorrido elixido, e será ás 14:00 h o momento no que a organización fará a entrega dos trofeos e/ou agasallos.
A actividade encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, que implica un exercicio físico con fins de ocio, turístico ou cultural, polo que se exclúe expresamente a competición. As persoas participantes, coa súa inscrición, manifestan encontrarse fisicamente aptas para a actividade.
Todas as persoas inscritas serán consideradas como participantes en excursión persoal, polo que deben aterse ás normas do vixente código de circulación, e deberán responsabilizarse persoalmente das infraccións que cometan. Cabe resaltar que a circulación de vehículos e persoas non estará cortada, polo que as participantes deben extremar a precaución en cruces coas estradas e zonas habitadas.
A idade mínima para poder participar na BTT e na Andaina será de 18 anos. Aquelas que teñan 14 anos ou máis, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor/a, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza. DESCARGAR AUTORIZACIÓN