A Asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Travesía do Xalo, que chega á súa décima edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido desde o ano 2010.
Trátase dun evento deportivo composto por diferentes probas:
Sábado 4 de maio
Cronoescalada de 3 km. SUSPENDIDA
Domingo 5 de maio
- Carreiras de 19 e 10 km.
- Andaina de 10 km.
- Carreiras infantiles de 2 km, 1 km, 250 m. e 80 m.
A proba celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio de 2019 no Monte Xalo, tendo a súa saída e a súa chegada nos lugares de Folgueira (parroquia de Castelo) e Celas de Peiro (parroquia de Celas de Peiro), no termo municipal de Culleredo.
Os chips de cronometraxe entregaranse aos participantes xunto co dorsal, e se poderán recoller o sábado entre as 9.30 e as 10.15 na pista polideportiva de Celas de Peiro, e o domingo entre as 8.00 e as 9.00 horas na polideportiva de Castelo.
Cronometraranse electrónicamente as carreiras de 10 km. e 19 km.