O Concello da Estrada, en colaboración co Atletismo A Estrada, organizan o sábado día 22 de Xuño de 2024 a carreira popular XI ESTRANOITE.
A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas patronais de San Paio 2024 nun circuíto urbano de asfalto de 4 km, que na proba absoluta terá unha distancia de 8 km, tendo que percorrer os participantes dúas voltas o mesmo.
A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
ESCOLARES
PITUFOS:Atletas nados/as no ano 2020 e posteriores.*
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2017, 2018 e 2019.*
BENXAMÍN/SUB 10: Atletas nados/as nos anos 2015 e 2016.
ALEVÍN/SUB 12: Atletas nados/as nos anos 2013 e 2014.
INFANTIL/SUB 14 Atletas nados/as nos anos 2011 e 2012.
CADETE/SUB 16: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
* As categorías pitufo e prebenxamín non son competitivas, polo cal non haberá clasificacións.
ABSOLUTA
XUVENIL/SUB 18:Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
JUNIOR/SUB 20:Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
PROMESA/SUB 23: Atletas nados/as nos anos 2002, 2003 e 2004.
SENIOR: Atletas nados/as dende 1989 ata 2001.
MASTER A:Atletas nados/as dende 1978 ata 1988.
MASTER B:Atletas nados/as dende 1977 e anteriores.
PREMIOS E TROFEOS:
Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto nas categorías pitufo e prebenxamín, que non haberá trofeos e si medalla para todos os participantes.
Trofeo na proba 4K os tres primeiros/as clasificados/as.
Trofeo na proba 8K os tres primeiros/as estradenses en cruzar a liña de meta na proba absoluta.
Os gañadores da carreira absoluta na categoría masculina e feminina levarán unha caixa degustación con botellas de Sidra da Estrada, da Asociación Maceira e Sidra.
Trofeo o club/equipo aquel que obteña a menor puntuación cos seus 6 primeiros participantes que finalicen a proba absoluta (8K), independentemente do sexo e segundo a clasificación xeral. Os clubs/equipos non teñen porque ser oficiais e/ou federados, poden ser grupos de amigos/as que formalicen a inscrición baixo o nome dun equipo.
Trofeo Máster, ao participante de maior idade que finalice a proba, indistintamente sexa home ou muller.
So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a súa idade e na que figure inscrito en tempo e forma.
Os premios non son acumulativos.