Información  - XI MARCHA BTT CONCELLO DE RIANXO

Información - XI MARCHA BTT CONCELLO DE RIANXO

A Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo, organizan a XI Marcha BTT Concello de Rianxo/V Andaina consiste nun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña dividida, en función da dificultade en tres rutas (Curta – 30 km.), (Media - 50 km.) e (Longa - 70 km.) Todas as rutas comezan na zona portuaria de Rianxo.

A saída darase ás 09:00 h. A hora de remate de cada proba virá marcada polo percorrido elixido.

A idade mínima para poder participar na BTT e na Andaina será de 18 anos. Aquelas que teñan entre 14 anos e 17 anos cumpridos, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai
ou titor/a, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza. A autorización deberán de descargala nesta propia plataforma. 

Será imprescindible o uso do casco para participar na marcha.

Disporase dun ou varios avituallamentos en función do percorrido escollido. Haberá a disposición dos participantes un servizo de duchas e lavado de bicicletas o rematar a
proba.