A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Travesía do Xalo, que chega á súa décimo primeira edición.
A proba celebrarase o no Monte Xalo, tendo a súa saída e a súa chegada no lugar de Folgueira (parroquia de Castelo), no termo municipal de Culleredo.
Trátase dun evento deportivo composto por diferentes probas:
- Carreiras de 21 e 10 km.
- Andaina de 10 km.
- Carreiras infantiles de 2 km, 1 km, 250 m. e 80 m.
A Travesía do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do monte, a súa flora e a súa fauna. Os participantes na proba deberán por esta razón empregar os contenedores de lixo dispoñibles. A organización empregará, sempre que sexa posible, material reutilizable e reciclable. Os elementos de marcaxe do percorrido recolleranse nas horas posteriores á proba, cando tamén se realizará a limpeza do mesmo. A comunicación en papel reducirase ao mínimo, dando prioridade ao soporte electrónico.
Cada participante (agás no caso das carreiras infantiles) terá acceso, coa inscrición, a un agasallo conmemorativo, e recibirá tamén un ticket para xantar na churrascada popular que se celebrará na polideportiva de Castelo o domingo 24 de xullo ao remate do evento.
No caso das carreiras infantiles os rapaces recibirán unha medalla (de chocolate no caso da categoría de pequerrechos). Todos aqueles rapaces que se anoten nestas carreiras o mesmo día do evento terán acceso a estes agasallos ou non, dependendo da dispoñibilidade dos mesmos.
MÁIS INFORMACIÓN
Nas webs www.travesiadoxalo.gal, www.castelodeporte.gal, no Twitter @castelodeporte e na páxina en Facebook de Castelo Deporte publicarase toda a información de interese sobre a proba. No correo electrónico info@travesiadoxalo.gal proporcionarase información adicional aos participantes.