Información  - XI TRAVESÍA DO XALO

Información - XI TRAVESÍA DO XALO

A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Travesía do Xalo, que chega á súa décimo primeira edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido desde o ano 2010.

A proba celebrarase o domingo 26 de xullo de 2020 no Monte Xalo, tendo a súa saída e a súa chegada no lugar de Folgueira (parroquia de Castelo), no termo municipal de Culleredo.

Trátase dun evento deportivo composto por diferentes probas:

  • Carreiras de 21 e 10 km.
  • Andaina de 10 km.
  • Carreiras infantiles de 2 km, 1 km, 250 m. e 80 m.

A Travesía do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do monte, a súa flora e a súa fauna. Os participantes na proba deberán por esta razón empregar os contenedores de lixo dispoñibles. A organización empregará, sempre que sexa posible, material reutilizable e reciclable. Os elementos de marcaxe do percorrido recolleranse nas horas posteriores á proba, cando tamén se realizará a limpeza do mesmo. A comunicación en papel reducirase ao mínimo, dando prioridade ao soporte electrónico.

Establécense as seguintes categorías, en función da data de nacemento dos participantes, coas súas correspondentes distancias (existen ata seis percorridos diferentes):

  • Pequerrechos-> Só nados logo do 01/01/2015 80 m. Saída 13:30.
  • Prebenxamín-> Só nados entre o 01/01/2013 e o 31/12/2014 250 m. Saída 13:45.
  • Benxamín-> Só nados entre o 01/01/2011 e o 31/12/2012 1 km. Saída 13:15.
  • Alevín-> Só nados entre o 01/01/2009 e o 31/12/2010 1 km. Saída 13:15.
  • Infantil-> Só nados entre o 01/01/2007 e o 31/12/2008 2 km. Saída 13:00.
  • Cadete-> Só nados entre o 01/01/2005 e o 31/12/2006 2 km. Saída 13:00.
  • Xuvenil-> Só nados entre o 01/01/2003 e o 31/12/2004 2 km. Saída 13:00.
  • Junior-> Nados entre o 05/05/2002 e o 31/12/2002 2 km. Saída 13:00.
  • Absoluta 10 km-> Nados antes do 26 de abril de 2002 10 km. Saída 9:30.
  • Absoluta 21 km-> Nados antes do 26 de abril de 2002 21 km. Saída 9:15.
  • Andaina-> (non competitiva nin cronometrada) constará dunha categoría única. Saída 9:45.

Cada participante (agás no caso das carreiras infantiles) terá acceso, coa inscrición, a un agasallo conmemorativo, e recibirá tamén un ticket para xantar na churrascada popular que se celebrará na polideportiva de Castelo o domingo 26 de xullo ao remate do evento.

No caso das carreiras infantiles os rapaces recibirán unha medalla (de chocolate no caso da categoría de pequerrechos). Todos aqueles rapaces que se anoten nestas carreiras o mesmo día do evento terán acceso a estes agasallos ou non, dependendo da dispoñibilidade dos mesmos.

MÁIS INFORMACIÓN
Nas webs www.travesiadoxalo.gal, www.castelodeporte.gal, no Twitter @castelodeporte e na páxina en Facebook de Castelo Deporte publicarase toda a información de interese sobre a proba. No correo electrónico info@travesiadoxalo.gal e no teléfono 881 942 986 proporcionarase información adicional aos
participantes.