XII MARCHA BTT CONCELLO DE RIANXO
Organizador: Peña Cicloturista Castro Barbudo
Colabora: Concello de Rianxo
• Data: Domingo, 16 de febreiro de 2025
• Hora: 9 a 15 h.
• Localidade Saída: Rianxo
• Localidade Chegada: Rianxo
PREZO
- BTT: 15 € ata o 31 de Xaneiro e a partir desa data será de 20 €.
O número máximo de participantes será de 500.
A actividade encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, que implica un exercicio físico con fins de ocio, turístico ou cultural, polo que se exclúe expresamente a competición. As persoas participantes, coa súa inscrición, manifestan encontrarse fisicamente aptas para a actividade.
Todas as persoas inscritas serán consideradas como participantes en excursión persoal, polo que deben aterse ás normas do vixente código de circulación, e deberán responsabilizarse persoalmente das infraccións que cometan. Cabe resaltar que a circulación de vehículos e persoas non estará cortada, polo que as participantes deben extremar a precaución en cruces coas estradas e zonas habitadas.
A idade mínima para poder participar na BTT será de 18 anos.
Aquelas que teñan entre 14 anos e 17 anos cumpridos, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor/a, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza.