Información  - XII ESTRANOITE 2025

Información - XII ESTRANOITE 2025

 

O Concello da Estrada, en colaboración co Atletismo A Estrada, organizan:

sábado día 21 de Xuño de 2025 a carreira popular XII ESTRANOITE.


A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas patronais de San Paio 2025 nun circuíto urbano de asfalto de 4 km, que na proba absoluta terá unha distancia de 8 km, tendo que percorrer os participantes dúas voltas o mesmo.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuítos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.

CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:

PITUFOS:Atletas nados/as no ano 2021 e posteriores.*
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2018, 2019 e 2020.*
BENXAMÍN/SUB 10: Atletas nados/as nos anos 2016 e 2017.
ALEVÍN/SUB 12: Atletas nados/as nos anos 2014 e 2015.
INFANTIL/SUB 14 Atletas nados/as nos anos 2012 e 2013.
CADETE/SUB 16: Atletas nados/as nos anos 2010 e 2011.
XUVENIL/SUB 18:Atletas nados/as nos anos 2008 e 2009.
JUNIOR/SUB 20:Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.
PROMESA/SUB 23Atletas nados/as nos anos 2003, 2004 e 2005.
SENIOR: Atletas nados/as dende 1990 ata 2002.
MASTER A:Atletas nados/as dende 1979 ata 1989.
MASTER B:Atletas nados/as dende 1978 e anteriores.
* As categorías pitufo e prebenxamín non son competitivas, polo cal non haberá clasificacións.

PREMIOS E TROFEOS:
Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto nas categorías pitufo e prebenxamín, que non haberá trofeos e si medalla para todos os participantes.
Trofeo na proba 4K os tres primeiros/as clasificados/as.
Trofeo na proba 8K os tres primeiros/as estradenses en cruzar a liña de meta na proba absoluta.
Os gañadores da carreira absoluta na categoría masculina e feminina levarán unha caixa degustación con botellas de Sidra da Estrada, da Asociación Maceira e Sidra.
Trofeo o club/equipo aquel que obteña a menor puntuación cos seus 6 primeiros participantes que finalicen a proba absoluta (8K), independentemente do sexo e segundo a clasificación xeral. Os clubs/equipos non teñen porque ser oficiais e/ou federados, poden ser grupos de amigos/as que formalicen a inscrición baixo o nome dun equipo.
Trofeo Máster, ao participante de maior idade que finalice a proba, indistintamente sexa home ou muller.
So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a súa idade e na que figure inscrito en tempo e forma.
Os premios non son acumulativos.

 

 

 

Patrocina

PATROCINAN
PATROCINAN

Colabora

SUPERVISION TECNICA
SUPERVISION TECNICA