Información  - XIX ANDAINA 50K   CONCELLO DE RIBEIRA

Información - XIX ANDAINA 50K CONCELLO DE RIBEIRA

A XIX edición da Andaina  de 50 kilómetros “Concello de Ribeira”, celebrarase o sábado 2 de Setembro, e ten como novidades que este ano o recorrido terá dous bucles (28 + 22 km) que comezarán e rematarán no Pavillón Polideportivo de A Fieiteira.

Este ano a Andaina transcurrirá por:

Bucle A (28 km): Complexo Polideportivo de A Fieiteira – Laxes – Carreiriña – Paseo da Catía – Porto de Aguiño – Muelle Fenicio da Cobasa – Costa de Couso – Lagoa de Vixán – Carreira – Muiños de Amendo – Parque Natural das Lagoas de Carregal e Vixán – Artes – Castro da Cidá – Parque Periurbano de San Roque - Complexo Polideportivo de A Fieiteira

Bucle B (22 km): -Complexo Polideportivo de A Fieiteira – Abesadas – Fondevila – Paseo Marítimo de Coroso – Gandarela - Congostra de Subagriño - Petroglifo da Pedra das Cabras - Capela de San Alberte – Parque Periurbano de San Roque Complexo Polideportivo de A Fieitera.

TRACK:

Para unha maior seguridade en caso de dúbidas no percorrido, poderedes descargar nos smartphones, o track en Google Maps, que se enviará os derradeiros días ou mediante lector de código de barras no lugar da saída.

SAÍDA

A saída será desde as pistas de atletismo do Complexo Polideportivo A Fieiteira, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.

 

AVITUALLAMENTO

Ao longo do percorrido haberá seis puntos de avituallamento coa finalidade de prover aos participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba.

CONTROIS DE PASO

Haberá varios controis de paso, polos que os participantes deberán pasar nuns tempos mínimos e máximos. Debido a que o operativo de seguridade nos obriga a ter voluntarios en cada cruce de estradas,  para optimizar os recursos dos que dispomos,  este ano retomamos as restricións de paso, sendo estas concebidas para realizar andando. Estes controles de paso están calculados para realizar a unha velocidade mínima de 4,5 km/hora (11 horas máximo) e unha velocidade máxima de 7,15 km/hora (7 horas mínimos). Os controis de paso estarán situados nos puntos de avituallamento.

OUTRAS CONSIDERACIONS:

De cara a implantar melloras a nivel de menor pegada ecolóxica desta actividade, os participantes teñen a obriga de portar un bidón ou cantimplora e un vaso de plástico ou metal, co que se irán abastecendo nos avituallamentos (non se entregarán botellas nin vasos de plástico nos puntos de avituallamento).

Así mesmo, será recomendable (para mellorar a seguridade dos participantes) portar un teléfono móbil (coa batería ben cargada!!!) no que poder localizar aos andaríns que non pasen polos controis, ou co que podan avisar á organización en caso de que lle xurdan problemas graves.