Información - XVII ANDAINA POPULAR CONCELLO DE RIVEIRA

A XVII edición da Andaina Popular “Concello de Riveira”, celebrarase o sábado 7 de Setembro, e igual que en anos precedentes, aparte do recorrido de 50 km, os participantes terán outras tres posibilidades con distancias inferiores, ca que satisfacer ós participantes ós que 50 km podan resultarlle excesivos:

Recorrido de 50 km.- Será o sendeiro base sobre o que se artellarán os outros tres percorridos.

Este ano a Andaina pasará por: Complexo Polideportivo de A Fieiteira- Mirador da Garita-Carreiriña- Praia do Castro- Porto de Aguiño- Muelle Fenicio da Cobasa- Costa de Couso- Praia do Vilar- Praia da Ladeira- Porto e Faro de Corrubedo- Praia de Balieiros- Praia de Espiñeirido- Olveira- Sendeiro Fluvial do Río Sanchanás- Castro da Cidá- Mirador da Pedra da Rá-Parque Periurbano de San Roque- Complexo Polideportivo da Fieiteira

Para a Copa Galega de Andainas de 50 km, só acreditarán a participación os que rematen o roteiro de 50 km.

A saída realizarase desde as pistas de atletismo do Complexo Polideportivo A Fieiteira, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.

Ao longo do percorrido haberá cinco puntos de avituallamento coa finalidade de prover aos participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba.

CONTROIS DE PASO

Haberá controis de paso, polos que os participantes deberán pasar nuns tempos máximos, calculándose estes a razón de 4,2 km/hora, e uns mínimos de 10 km/hora.  A organización non se inmiscuirá en como se realicen os tramos entre controis de paso (andando, correndo,…) sempre e cando non se moleste ao resto de participantes. Os controis de paso estarán situados nos puntos de avituallamento.