Información  - XXIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES

Información - XXIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES

O CONCELLO DE AMES ORGANIZA:

A vixésima terceira edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

DATA: 20 de Outubro de 2024

HORA: 10:00 horas

LUGAR: Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello).

A proba pertence ao X CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.

O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de Atletismo.

Categorías escolares (de pitufo a xuvenil): GRATUÍTA
Proba absoluta (de júnior a veterano): 7 €

NO MOMENTO DA INSCRICIÓN DEBERÁ ACREDITARSE A MARCA NA DISTANCIA DE 10 KM EN RUTA (SÓ EN PROBAS HOMOLOGADAS)

PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DOUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E ESTRANXEIROS/AS:
Esta carreira está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de Atletismo, polo cal a participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións autonómicas rexerase de acordo co disposto na sección terceira, artigos 16, 17 e 18 do regulamento de competicións da Real Federación Española de Atletismo, que se pode consultar no seguinte ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2024-03/Reglamento%20de%20Competici%C3%B3n.pdf