A Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a XXIII Ruta BTT Castro Barbudo en bicicleta de montaña e simultaneamente a V ANDAINA AO CASTRO BARBUDO o domingo 6 de outubro con saída de Campo de Pasos–Taragoña e chegada o Campo Maneiro. A saída darase as 09:00 horas.
A ruta encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, e é un exercicio físico con fin lúdico, turístico e cultural, o que exclúe expresamente a competición.
A idade mínima para poder participar na marcha será de 18 anos e a idade máxima de 75 anos. Os que teñan 14 anos ou máis, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza.
Podes acceder aos traks GPS do evento accede a opción descargas do menú de esta páxina.
Os menores de 18 anos, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza. Deberás descargala no apartado descargas en enviala por mail a castrobarbudo@gmail.com
Recomendamos que aparquedes no Campo Maneiro e baixedes xa na bici a Campo de Pazos.