Información  - XXV RUTA BTT DO SALMÓN

Información - XXV RUTA BTT DO SALMÓN

O Excmo. Concello de A Estrada coa colaboración da PEÑA CICLISTA BIKESTRADA organiza a “XXV Ruta BTT do Salmón” ó sábado, 10 de XUÑO de 2.023.
Tratarase dunha marcha ciclo turista modalidade BTT, de carácter NON competitivo cun grao de dificultade baixa e cun percorrido total de 40 quilómetros, con 500 metros neutralizados na saída en zona urbana,  sumando un desnivel acumulado duns 700 m (+).

A ruta está aberta a todos os afeccionados á bicicleta de montaña cun máximo de 600 participantes inscritos por plataforma e 50 prazas para invitados (seleccionados por rigorosa orde cronolóxica de inscrición) que teñan cumpridos a 10 de xuño de 2.023 os 14 anos. O participante, coa súa sinatura e baixo a súa responsabilidade, recoñece ter a idade esixida para participar na actividade.

Tódolos/as participantes deberán seguir os horarios e lugares de partida e paso reflectidos na información xeral, debendo presentarse dende as 15:00 ata 15 minutos antes da hora de saída para recoller o dorsal (16:15), na Praza da Feira, 36680 A Estrada (Pontevedra). 

A saída da marcha terá lugar ás 16:30 horas na Praza da Feira, 36680 A Estrada (Pontevedra). 

A zona vestiarios e duchas será na zona deportiva de A estrada, indicándose nos días previos a celebración da ruta a ubicación exacta dos mesmos nas redes sociais.