O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizarán conxuntamente a XXVI edición da súa Carreira Pedestre Popular
sábado 31 de agosto de 2024
Localidade de Noia baixo o control técnico do comité galego de xuices da Federación Galega de Atletismo. Esta proba entra dentro do X CIRCUÍTO DE CARREIRAS DEPUTACIÓN DA CORUÑA e forma parte do calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.
As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a sub 18) realizarase a través da web emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de inscrición online. Serán GRATUITAS.
As INSCRICIONS DA PROBA DE 8 K (de Sub 20 a máster) realizaranse tamén a través da web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 6 € por participante que poderán formalizar a través da pasarela de pago na propia web.
O prazo de inscrición rematará o mércores 28 de agosto ás 23:59 horas, NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DÍA DA PROBA.
Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das probas ata media hora antes do inicio de cada proba.
Os atletas da categoría SUB 18 que desexen tomar parte na proba absoluta (8 km aprox.) deberán comunicalo previamente no correo electrónico santiago@atletismo.gal dentro do prazo de inscrición da proba