Información  - XXVI RUTA DO SALMÓN

Información - XXVI RUTA DO SALMÓN

O Concello de A Estrada coa colaboración da PEÑA CICLISTA BIKESTRADA organiza a “XXVI Ruta BTT do Salmón” ó venres, 17 de MAIO de 2.024.
Tratarase dunha marcha ciclo turista modalidade BTT, de carácter NON competitivo cun grao de dificultade baixa e cun percorrido total de 40 quilómetros, con 500 metros neutralizados na saída en zona urbana, sumando un desnivel acumulado duns 700 m (+).

A ruta está aberta a todos os afeccionados á bicicleta de montaña cun máximo de 600 participantes inscritos por plataforma e 50 prazas para invitados (seleccionados por rigorosa orde cronolóxica de inscrición) que teñan cumpridos a 17 de maio de 2.024 os 14 anos. O participante, coa súa sinatura e baixo a súa responsabilidade, recoñece ter a idade esixida para participar na actividade.

O prezo da inscrición será de 16 € por participante e a data límite de inscrición será o mércores 15 de maio ás 23:59 horas. A partires desta data non se farán inscricións.

Os menores de idade deberán aportar cando recollan o seu dorsal unha AUTORIZACIÓN para participar na ruta, firmada por parte do pai/nai ou titor, que poderán descargar dende a páxina web de Emesports.

Tódolos/as participantes deberán seguir os horarios e lugares de partida e paso reflectidos na información xeral, debendo presentarse dende as 15:00 ata 15 minutos antes da hora de saída para recoller o dorsal (16:15), na Praza da Feira, 36680 A Estrada (Pontevedra).

 

**a data limite para a devolución de inscripcions será ata o  26 de abril de 2024