O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizarán conxuntamente a XXVII edición da súa Carreira Pedestre Popular
sábado 30 de agosto de 2025
Localidade de Noia baixo o control técnico do comité galego de xuices da Federación Galega de Atletismo. Esta proba entra dentro do XI CIRCUÍTO DE CARREIRAS DEPUTACIÓN DA CORUÑA e forma parte do calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.
As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a sub 18) realizarase a través da web emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de inscrición online. Serán GRATUITAS.
As INSCRICIONS DA PROBA DE 8 K (de Sub 20 a máster) realizaranse tamén a través da web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 10 € por participante que poderán formalizar a través da pasarela de pago na propia web.
O prazo de inscrición rematará o mércores 27 de agosto ás 23:59 horas, NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DÍA DA PROBA.
Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das probas ata media hora antes do inicio de cada proba.