O Concello das Pontes organiza a XXXII Carreira Pedestre de San Xosé. A proba non federada desenvolverase nun circuíto duns 6.400 metros e trascorrerrá sobre asfalto e terra.
DATA E HORARIO
A proba disputarase o sábado 15 de marzo de 2025.
Comezará ás 10:30 horas e a liña de saída e meta estará situada no Parque da Fraga (43.449547,-7.841761 )
CIRCUÍTO
A proba absoluta levarase a cabo sobre a distancia de 6.400 metros aproximadamente e transcorrerá sobre asfalto e terra. A ruta estará debidamente sinalizada e libre de tráfico rodado. Está prohibido usar como zonas de carreira aquelas que non estean expresamente sinalizadas como circuíto. Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas infractoras. A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
A categoría absoluta empezará ás 10:30 horas, as categorías sub16 e anteriores comezarán a partir das 11:30h consecutivamente ata rematar os grupos de idade, polo que as persoas inscritas deberán estar atentas á hora de saída, que será anunciada con suficiente antelación pola megafonía da organización.
ENTREGA DE DORSAIS
As/os atletas deberán recoller os dorsais, o mesmo día da proba no local do Hexágono sito na área recreativa Xosé Ferro (43.450817, -7.840951), a partir das 09:30h e ata media hora antes da saída da categoría na que estean inscritas/os.