Información - ANDAINA SENDA VERDE MILLADOIRO   BERTAMIRÁNS

Información - ANDAINA SENDA VERDE MILLADOIRO BERTAMIRÁNS

Andainas Saudables Concello de Ames - Senda verde Milladoiro - Bertamiráns

Esta senda enlaza os núcleos de Bertamiráns e O Milladoiro a través de camiños e pistas forestais nun traxecto que percorre zonas con un interesante valor patrimonial e paisaxístico.

O seu trazado é lineal e permite incorporarse á ruta ou abandoala en varios lugares ao longo do seu itinerario, grazas á extensa rede de camiños e pistas existentes no noso rural.

Data: domingo 20 de setembro
Distancia total: 13,23 Km. Percorrido: Lineal

Saída: zona da igrexa de San José (Milladoiro)
Hora de saída: 10:00 horas

Dificultade: media - alta

A idade mínima para participar é de 12 anos; aqueles participantes que sexan menores de idade terán que ir acompañados dun adulto.

Os/as participantes dividiránse en 2 grupos diferenciados por cores, que lle serán asignados pola organización, no momento da súa identificación antes do inicio da andaina. Cada grupo situarase no seu punto de saída a lo menos 5 minutos antes do comezo da andaina.

Recomendamos se acheguen ao punto de identificación con antelación para evitar aglomeracións e poder manter as medidas de seguridade. 

Aquelas persoas que precisen o servizo de autobús deberán estar antes das 9:30 na Praza do Concello en Bertamiráns para o seu traslado ao Milladoiro. O horario do servizo de autobús de volta será en función da hora de remate da andaina.

Os/as participantes deberán manter en todo momento a distancia de seguridade interpersoal, agás convivintes, sendo obrigatorio o uso de mascara.