Información - CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2022

Información - CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2022

A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba absoluta e andaina discorrerán polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e rematará no cumio de Montouto.

As probas escolares celebraranse en horario de mañá no no lugar da Torre – Cacheiras

A proba absoluta celebrarase en horario de tarde e sairá desde Bamonde con meta no cumio de Montouto (punto xeodésico).