Información  - CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2023

Información - CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2023

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizará o sábado 6 de maio de 2023 en horario de mañá e tarde a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2023 - Concello de Teo . A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará, como na pasada edición, a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba absoluta discorrerá polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e rematará en Cacheiras.

Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 881 978 433 (Departamento de Deportes) ou no enderezo electrónico deportes@teo.gal.

As probas escolares celebraranse en horario de mañá no no lugar da Torre – Cacheiras

42°49'02.1"N 8°32'02.6"W 42.817247, -8.534043
https://goo.gl/maps/WG39zY8vJV1RB8P19

A proba absoluta/Andaina: celebrarase en horario de tarde e sairá desde Bamonde con meta no cumio de Montouto (punto xeodésico).

SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA :
Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as e participantes na andaina que o necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída. 

Horario de saída dos autobuses:
Carreira absoluta: a partir das 16:00 h, o último sairá ás 17.00 h
Andaina: priemeiro autobús das 16,00 horas.
Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída (Bamonde) e meta. (nave de Augas de Teo en Montouto).