Inscripción  - CARREIRA SIN SON 10K 2026

Proceso de Inscripción

  • Las inscripciones a CARREIRA SIN SON 10K 2026 finalizarán el domingo, 13 de diciembre de 2026 23:59h. o al completar el cupo de plazas disponible
procesando
Indicaciones de la organización

BENVIDOS Á SIN-SON 10K 2026!

O Concello de Porto do Son convídavos a participar nunha nova edición da SIN-SON 10K, que se celebrará o domingo 20 de decembro de 2026, ás 11:00 horas, cun percorrido de 10 quilómetros entre Portosín e Porto do Son.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A INSCRICIÓN

  • Data da carreira: domingo 20 de decembro de 2026.

  • Hora de saída: 11:00 h.

  • Lugar de saída: Portosín.

  • Lugar de chegada: Porto do Son.

  • Distancia: 10 km.

  • Límite de participación: 1.500 atletas.

  • Peche de inscricións: domingo 13 de decembro ás 23:59 h, ou antes se se esgotan as prazas.

PREZOS DE INSCRICIÓN

  • 10 € ata o 29 de novembro ás 23:59 h.

  • 12 € do 30 de novembro ao 13 de decembro ás 23:59 h.

RECOLLIDA DE DORSAIS

Os participantes inscritos antes do 1 de decembro poderán seleccionar a recollida anticipada do seu dorsal en Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra ou Vigo, entre o 7 e o 12 de decembro.

Tamén se poderán recoller os dorsais na Casa da Cultura de Portosín:

  • Sábado 19 de decembro: de 19:30 a 21:00 h.

  • Domingo 20 de decembro: de 8:00 a 10:30 h.

SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES

A organización poñerá á disposición dos atletas autobuses gratuítos, servizo de gardarroupa, avituallamentos, duchas, asistencia sanitaria e camiseta técnica para todas as persoas inscritas.

Os autobuses sairán de Porto do Son cara a Portosín a partir das 8:00 h, sendo a última saída ás 10:20 h.

IMPORTANTE

  • Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira.

  • A inscrición só quedará correctamente formalizada unha vez completado o formulario e realizado o pagamento correspondente.

  • Ao realizar a inscrición, o participante acepta o regulamento oficial da proba.

Máis información: www.sin-son10k.com

Consultas sobre inscricións: soporte@emesports.es

Agardámosvos na liña de saída da SIN-SON 10K 2026!

 

Elige una opción
Datos del equipo

= campos obligatorios
Gastos administrativos:
Gastos de gestión:
Precio Inscripción Actual:
Precio total inscripción:
Visa
Mastercard
Google Pay
Apple Pay
Bizum
Plazox

(Gastos de gestión ya incluidos)