O Concello de Dumbría en colaboración co equipo Conco Box organizan a proba deportiva popular (proba deportiva a nivel popular de atletismo de cross con obstáculos) denominada: «I CROSS DE OBSTÁCULOS CONCELLO DE DUMBRÍA»
A proba disputarase o día 15 de xuño de 2019, con saída e chegada no circuíto de cross das instalacións deportivas do Conco (DUMBRIA), en formato de proba deportiva popular (proba deportiva con control de tempos).
OPCIÓN 1 PERCORRIDO LONGO
Circuíto cunha distancia total de 7,5km. 3 voltas a un circuíto de 2,5 km por volta. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar.
OPCIÓN 2 PERCORRIDO CURTO.
Circuíto cunha distancia total de 2,5km. 1 volta a un circuíto de 2,5 km. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar.
A data de celebración elixida para o evento é o vindeiro sábado 15 de xuño.
Os horarios das distintas carreiras son os seguintes:
Carreira curta 2,5 km: 17,00h (tempo máximo para rematar 1 hora).
Carreira longa 7,5 km: 18,30 h (tempo máximo para rematar 2h 30´).
Entrega de medallas: 20,45h.