Finish line Santiago S.L. organiza e promove a I Media Maratón Santiago de Compostela que se celebrará o día 2 de maio do 2027.
A I Media Maratón Santiago de Compostela trátase dunha carreira urbana a pé homologada Real Federación Española de Atletismo de 21.097,5 metros. Terán acceso todas as persoas con dorsal, federados ou populares, podendo participar os atletas estranxeiros que cumpran coa normativa de competición da RFEA, sempre que teñan cumpridos 18 anos a 31 de decembro de 2026. O circuíto, urbano e sobre asfalto, estará homologado estando indicados todos los puntos quilométricos con un panel sinalizado. A proba está incluída dentro do Calendario Internacional da World Athletics. A proba rexerase por este Regulamento e, en todo o non previsto, polo Reglamento de Competición y Técnico de World Athletics, o Reglamento de Competiciones da RFEA, as Normas Técnicas e demais normativa aplicable da FGA, a normativa antidopaxe e a lexislación deportiva, sanitaria, de seguridade e protección de datos que corresponda.
A competición celebrarase o domingo 2 de maio de 2027 en Santiago de Compostela. A distancia oficial será 21.097,5 metros, homologada conforme á normativa aplicable. A saída será na Avenida de Lugo, á altura da Rúa dos Concheiros e a meta será Praza do Obradoiro. As localizacións definitivas serán as que consten no certificado de homologación e no plano oficial que se publicará nas páxinas web oficiais do evento. A hora prevista de saída será ás 09:30 h e o peche da meta realizarase ás 12:15h, sendo o tempo máximo oficial para finalizar a carreira 2h 45 minutos, sen que en ningún caso poida excederse dito tempo, quedando fóra de carreira e das clasificacións oficiais os participantes que non cumpran con este límite.
Sábado 1 de maio de 2027.
- 10:30 h: apertura da Feira do Corredor.
- 10:30 – 14:00 h: entrega de dorsais e bolsas do corredor.
- 14:00 – 16:00 h: pausa técnica e peche parcial da feira.
- 16:00 h: reapertura da Feira do Corredor.
- 16:00 – 20:30 h: continuación da entrega de dorsais.
- 17:00 – 19:00 h: probas non competitivas de menores.
- 19:00 h: presentación dos atletas convidados.
- 20:30 h: peche da entrega de dorsais e da Feira do Corredor.
Domingo 2 de maio de 2027.
- 07:00 h: apertura da zona de saída e chegada do persoal organizador.
- 09:00 h: apertura dos caixóns de saída.
- 09:15 h: chamamento dos atletas de élite.
- 09:25 h: presentación da proba e indicacións de seguridade.
- 09:30 h: saída da I Media Maratón Santiago de Compostela.
- 12:15 h: peche de control de meta.
- 12:30 h: publicación das clasificacións provisionais.
- 12:30 – 13:00 h: prazo de presentación de reclamacións.
- 13:00 h: entrega de premios e acto de clausura.
O prezo das inscricións será o seguinte segundo o tramo:
- Os 100 primeiros inscritos ........................................................................................ 19€.
- Dende o 15/11/2026 ao 31/12/2026 ou ata acadar os 1000 inscritos .... 25€.
- Dende o 01/01/2027 ao 14/02/2027 ou ata acadar os 2000 inscritos .... 29€.
- Dende o 15/02/2027 ao 31/03/2027 ou ata acadar os 2500 inscritos .... 35€.
- Dende o 01/04/2027 ao 18/04/2027 .................................................................... 40€.
Clasificacións e premios

- Premio aos oito primeiros e oito primeiras da clasificación absoluta masculina e feminina.
- Premio aos tres primeiros e tres primeiras de cada categoría.
- Premio ao primeiro e primeira atleta galega e ao primeiro e primeira atleta local.
- Premio aos tres mellor equipos feminino e masculino.
- Premio á empresa e ao club máis numerosos.
- Premio do tramo XACOBEO, feminino e masculino.
- Premio ao récord da proba, masculino e feminino.